Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 5:9 - Biblia SEPT

9 A ofrenda de toda clase de cousas que ofrezan os fillos de Israel ó sacerdote, pertenceralle a este.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 5:9
19 Iomraidhean Croise  

Esta será, por lei perpetua, a ración de Aharón e dos seus fillos, de parte dos israelitas. É a ofrenda que os israelitas ofreceron ó Señor en sacrificio de comuñón.


Tedes que a comer no lugar sagrado, pois é a porción que che toca a ti e a teus fillos, dos holocaustos do Señor, porque esa foi a miña orde.


Tamén o peito e o pernil dianteiro ofrecidos terédelos que comer no lugar puro ti, os teus fillos e as túas fillas contigo, por ser a parte que che toca a ti e a teus fillos dos sacrificios de comuñón, que doaron os fillos de Israel.


O pernil dianteiro e o peito ofrendados serán pasados por enriba do lume no que arden as graxas, abalándoos ritualmente na presenza de Iavé, e pertencerán a ti e ós teus fillos. Lei perpetua, como mandou o Señor".


Como tributo, darédeslle ó sacerdote a perna dereita dos vosos sacrificios de comuñón.


Porque o peito abalado ritualmente e o pernil dereito, que eu reservo dos sacrificios de comuñón dos fillos de Israel, dóullelos ó sacerdote Aharón e a seus fillos como dereito perpetuo, obrigatorio para os fillos de Israel.


Todos os impostos das cousas santas que os israelitas consagran ó Señor douchas a ti e ós teus fillos e ás túas fillas, en dereito perpetuo. É unha alianza selada con sal perdurable ante o Señor, para ti e a túa descendencia".


Moisés entregou o tributo como primicia do Señor ó sacerdote Elazar, conforme o Señor lle ordenara.


Se xa non houber un parente a quen restituír, o que se había de restituír ofrecerallo ó Señor, sendo para o sacerdote, e ademais ofrecerá o carneiro da expiación para conseguir a súa purificación.


Soamente collerás as reses que teñas consagradas e as túas promesas e levaralas ao santuario que escolla o Señor.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan