Por iso tamén eu tiven que me comportar con eles, opóndome e desterrándoos a un país inimigo. Entón humillarase o seu corazón incircunciso e expiarán a súa culpa.
—"Se alguén comete, sen se decatar, un pecado de fraude, diminuíndo algo das ofrendas consagradas ó Señor, presentará do seu gando miúdo, como reparación ó Señor, un carneiro sen chata; avaliarao en siclos de prata, conforme se adoita no santuario, como sacrificio de expiación.
Polo prexuízo causado ó santuario, sacando do consagrado, devolverá todo engadíndolle un quinto máis. Entregarallo ó sacerdote, quen coa ofrenda do carneiro, expiará polo pecado, e seralle perdoado.
Se xa non houber un parente a quen restituír, o que se había de restituír ofrecerallo ó Señor, sendo para o sacerdote, e ademais ofrecerá o carneiro da expiación para conseguir a súa purificación.