O que se purificou, lavará a súa roupa, rapará todo o seu pelo e lavarase na auga, quedando puro de novo. Poderá entrar logo no campamento, pero terá que morar fóra da súa tenda durante sete días.
Subleváronse contra Moisés e contra Aharón, e dixéronlles: —"Xa é abondo! Toda a comunidade é santa, todos eles o son, e no medio deles está o Señor. Por que vos elevades vós sobre a comunidade do Señor?"
pois o Señor, o teu Deus, anda camiñando polo medio do teu campamento, para salvarte e para entregarche á túa disposición os teus inimigos. Por isto o teu campamento estará consagrado, de xeito que o Señor non vexa en ti cousa de que avergoñarse, e non deixe de seguir estando detrás de ti.
Irmáns: no nome do Señor Xesús Cristo, mándovos que vos arrededes de calquera irmán que leve unha vida lacazana e non conforme á ensinanza que recibistes de nós.
E sentín unha forte voz que desde o trono dicía: "Velaquí a tenda de Deus onda os homes. Acampará entre eles: eles serán o seu pobo e El será o seu Deus e compañeiro.