Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 5:18 - Biblia SEPT

18 O sacerdote colocará de pé á muller diante do Señor, descubriralle a cabeza e porá nas súas mans a ofrenda recordatoria dos celos; mentres, el agarrará na súa man as augas amargas da maldición.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 5:18
18 Iomraidhean Croise  

pero ó remate amarga máis có áloe, é máis tallante ca unha espada de dous fíos;


E isto atopei: que máis amarga cá morte é a muller, que é unha rede de cazar; as súas teimas son lazos, e os seus brazos, cadeas; quen é agradable a Deus, líbrase dela e quen é pecador, é cazado por ela.


velaí: o meu amargo sufrimento volverase felicidade. Ti mesmo preservaches a miña vida do pozo da destrución, pois botaches sobre o teu lombo todos os meus pecados.


A túa maldade será quen te instrúa co seu castigo e as túas apostasías serán as que te castiguen. Recoñece o desastroso, o amargo que che resulta abandonar o Señor, e non respectar o teu Deus —é o Señor, Iavé todopoderoso, quen fala—.


O enfermo de lepra andará coa roupa esgazada e a cabeza descuberta. En troques tapará cun veo a súa barba, e irá gritando: impuro, impuro.


o home levará a súa muller ante o sacerdote e fará unha ofrenda por ela: un décimo de efah de fariña de cebada, sen lle botar aceite nin lle pór enriba o incenso, por tratarse dunha ofrenda de celos para descubrir unha falta.


Tomará o sacerdote auga bendita nun vaso de barro cocido e agarrando po do chan do Tabernáculo, mesturarao coa auga.


O sacerdote esconxurará á muller dicíndolle: Se ningún home estraño durmiu contigo e se non cometiches ningunha infidelidade contra o teu home, que te vexas libre da maldición destas augas amargas.


que estas augas amargas da maldición entren nas túas entrañas e che fagan inchar o ventre e enfraquecer as coxas. A muller responderá: Amén, amén.


e que, pola contra, cámpalle á muller o pelo longo? Pois a ela as guedellas déronselle coma pano da cabeza.


Logo, se unha muller non se cobre, que se rape. Pero, se é unha deshonra para a muller cortar o pelo ou raparse, que se cubra.


Se un escoita as palabras deste pacto xurado e se felicita no seu corazón dicindo: Teña eu fartura, que seguirei no endurecemento do meu corazón, porque o que apaga a sede farta de auga a quen pasa sede,


O matrimonio é merecente de todos os respectos e o leito matrimonial ten que ser inmaculado, xa que Deus ha condenar os desvergonzados e adúlteros.


Samuel ordenou despois: —"Traédeme a Agag, rei dos amalecitas". Cuberto de cadeas, Agag acercóuselle e dixo: —"A amargura da morte está pasando agora mesmo".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan