Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 4:4 - Biblia SEPT

4 Estes serán os servizos dos fillos de Quehat na Tenda do Encontro: as tarefas máis sagradas.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 4:4
11 Iomraidhean Croise  

David distribuíunos en orde segundo os fillos de Leví, Guerxom, Quehat e Merarí.


E saíron os quehatitas, levando o obxecto santo; e xa lles ergueran o Tabernáculo antes de chegaren eles.


Cando Aharón e os seus fillos dean envolto todos os obxectos do santuario con todos os seus utensilios sagrados, para pór en marcha o campamento, virán os fillos de Quehat para levalo, pero non poderán tocar nada sagrado, pois morrerían. Este é o cargo que teñen os fillos de Quehat, referente á Tenda do Encontro.


Para que vivan e non morran, habedes proceder con eles deste xeito: cando teñan que se achegar ás cousas sagradas do santuario, Aharón e seus fillos entrarán e sinalaranlles cadanseu servizo e cargo.


Estes son os cargos das familias de Guerxón e os seus traballos:


desde trinta anos para arriba ata a idade de cincuenta anos, todos cantos poidan ir á guerra, e que se encarguen do servizo litúrxico na Tenda do Encontro.


Farás o censo dos varóns de trinta anos para arriba ata os cincuenta anos, todos os que sexan capaces para o servizo da Tenda do Encontro.


Cando se teña que cambiar o campamento, virán Aharón e seus fillos e farán baixar a cortina de protección e taparán con ela a Arca da Alianza.


Os fillos de Quehat, non obstante, non lles deu nin carro nin bois, porque teñen ó seu cargo transportar nos ombros as cousas máis santas.


É coma un home que foi ó estranxeiro, deixando a casa e mais a facenda nas mans dos seus criados, encargándolles a cada un o que tiña que facer; e ó porteiro ordenoulle que velase.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan