Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 4:3 - Biblia SEPT

3 desde trinta anos para arriba ata a idade de cincuenta anos, todos cantos poidan ir á guerra, e que se encarguen do servizo litúrxico na Tenda do Encontro.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 4:3
27 Iomraidhean Croise  

Tiña Xosé trinta anos cando se presentou ó faraón, e saíu da súa presenza para percorrer as terras todas de Exipto.


David tiña trinta anos cando empezou a reinar e reinou corenta anos.


Os fillos de Merarí, segundo as súas familias, tiveron por sorte doce cidades da tribo de Rubén, da tribo de Gad e da tribo de Zebulón.


Os sacerdotes estaban rexistrados por familias; e os levitas —a partir dos vinte anos— polas súas funcións e clases.


Os dous anos de chegaren ó templo de Xerusalén, no mes segundo, Zerubabel, fillo de Xealtiel, e Xosué, fillo de Iosadac, co resto dos seus irmáns, os sacerdotes, os levitas e todos cantos viñeran da catividade a Xerusalén, comezaron a distribuír os levitas de vinte anos para arriba, poñéndoos á fronte da obra do templo.


dos vinte anos para arriba, capaces de manexar as armas en Israel. Alistádeos para os respectivos exércitos, ti e Aharón.


Débeslles confiar a eles o coidado da Morada do Testemuño e de todos os seus vasos sagrados e de canto pertence ás cerimonias. Soamente eles os poderán transportar e soamente eles os poderán manexar e meter na Tenda da Alianza. Acamparán arredor do tabernáculo.


Parécevos pouco para vós que o Deus de Israel vos separase da comunidade israelita e vos aproximase a El, para que desempeñedes o servizo do Tabernáculo do Señor e para vos manter na presidencia da comunidade e oficiar por ela?


—"Fai o censo dos descendentes de Quehat, entre os fillos de Leví, por familias, segundo as súas casas patriarcais;


Desde os de trinta anos para arriba ata os de cincuenta anos, e anota a todos os que sexan capaces para o servizo da Tenda do Encontro.


Farás o censo dos varóns de trinta anos para arriba ata os cincuenta anos, todos os que sexan capaces para o servizo da Tenda do Encontro.


De trinta anos para arriba ata os cincuenta, todos os que eran capaces para o servizo na Tenda do Encontro.


Estes serán os servizos dos fillos de Quehat na Tenda do Encontro: as tarefas máis sagradas.


de trinta anos para arriba ata cincuenta, todos os que tiñan que ingresar no servizo da Tenda do Encontro da comunidade, segundo os respectivos cargos,


Este era Xesús, que tiña trinta anos ó empezar; fillo, segundo se pensaba, de Xosé, que o era de Helí,


Vouche facer unha gran encomenda, meu fillo Timoteo, conforme as mensaxes inspiradas que se refiren a ti, para que, apoiado nelas sosteñas un bo combate,


Esta é palabra segura: aquel a quen lle tire o "episcopado", arela unha boa función.


Non neófito, para que non caia na condenación como caeu Satán, ensoberbecéndose.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan