Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 4:16 - Biblia SEPT

16 O cargo de Elazar, fillo de Aharón, sacerdote, estará o aceite para alumar, o incenso para o recendo da ofrenda perpetua, o óleo da unción; o coidado de todo o Tabernáculo e de todas as cousas que hai nel, tanto o tocante ó santuario coma ós seus utensilios".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 4:16
20 Iomraidhean Croise  

Aceite para as lámpadas, aromas para o óleo de unción e para o incenso,


O Señor díxolle a Moisés:


o óleo da unción, o incenso recendente para o santuario. Farán todas esas cousas conforme eu che mandei".


Despois preparou o óleo da unción santa e o incenso puro de aromas, coma o que fan os perfumistas.


O Señor faloulle a Moisés:


—"Manda ós fillos de Israel que che traian aceite de oliveira, puro e virxe, para acender o candelabro, e que se manteña sempre aceso.


Calquera que toque a carne da vítima quedará consagrado, e toda a roupa de calquera que sexa manchada co seu sangue, terá que ser lavada no lugar sagrado.


O xefe supremo dos levitas era Elazar, fillo do sacerdote Aharón, a quen tiñan que obedecer todos os encargados do coidado do santuario.


Díxolles o Señor a Moisés e Aharón:


O Espírito do Señor está sobre min porque El foi quen me unxiu para proclamarlles a Boa Nova ós pobres. Mandoume para lles anunciar a liberación ós secuestrados e a vista ós cegos, para lles dar liberdade ós asoballados,


Coidade de vós e de todo o rabaño do que o Espírito Santo vos constituíu inspectores, para pastoreardes a Igrexa que Deus comprou co sangue do seu propio Fillo.


Por tanto, que a xente vexa en nós uns servidores de Cristo e administradores dos misterios de Deus.


Porque hai un único Deus e un único mediador entre Deus e os homes: o home Cristo Xesús,


Por iso, meus sagrados irmáns, que tedes parte na mesma chamada celeste, atendede ó pregoeiro e Sumo Sacerdote da fe e da esperanza que profesamos, Xesús.


pero Cristo mereceu a confianza coma Fillo e sobre a súa propia casa: casa del somos nós, se nos mantemos achegados a Deus na liberdade e se nos prezamos do que esperamos.


Erades coma ovellas extraviadas, pero agora volvéstesvos ó voso pegureiro e pastor.


coidade o rabaño de Deus, que está á vosa garda; mirade por el, non por pura obriga senón, como Deus quere, de boa gana; nin por baixos intereses de lucro senón porque vos agrada;


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan