Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 4:15 - Biblia SEPT

15 Cando Aharón e os seus fillos dean envolto todos os obxectos do santuario con todos os seus utensilios sagrados, para pór en marcha o campamento, virán os fillos de Quehat para levalo, pero non poderán tocar nada sagrado, pois morrerían. Este é o cargo que teñen os fillos de Quehat, referente á Tenda do Encontro.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 4:15
26 Iomraidhean Croise  

Ia tamén Sadoc e con el todos os levitas. Levaban a arca da alianza do Señor e puxérona onda Abiatar, ata que acabou de saír da cidade a xente toda.


Cada seis pasos que daban os portadores da arca do Señor, sacrificaban un boi e un becerro.


Chegados todos os anciáns de Israel, os sacerdotes colleron a Arca e levárona.


Os fillos dos levitas levaban a arca de Deus ás costas por medio de varais, como ordenara Moisés, segundo o disposto por Iavé.


Entón ordenou: —"A arca de Deus non debe ser transportada senón polos levitas, porque son os que Iavé escolleu para trasladala e para facer o seu servizo para sempre endexamais".


e os levitas non terán xa que transportar o tabernáculo e todos os aparellos do seu servizo".


Ti fixaraslle ó pobo un lindeiro ó arredor da montaña e diraslle: Gardádevos de subir pola montaña, e mesmo de aproximarvos ás súas abas. O que se aproxime á montaña, morrerá.


O Señor díxolle a Moisés: —"Baixa e advírtelle ó pobo que non traspasen os lindeiros para veren o Señor, pois morrerían moitos deles.


meterasllos polas argolas dos costados, para podelo transportar.


Botará o incenso no lume diante do Señor, para que a nube do perfume envolva o propiciatorio, que está sobre a arca do testemuño, e non teña que morrer.


Débeslles confiar a eles o coidado da Morada do Testemuño e de todos os seus vasos sagrados e de canto pertence ás cerimonias. Soamente eles os poderán transportar e soamente eles os poderán manexar e meter na Tenda da Alianza. Acamparán arredor do tabernáculo.


Cando o tabernáculo teña que ser transportado, só eles poderán desarmalo, e cando teñan que erguelo, serán os levitas quen o farán; calquera estraño que se achegue para tocalo, será castigado coa morte.


E saíron os quehatitas, levando o obxecto santo; e xa lles ergueran o Tabernáculo antes de chegaren eles.


Estarán ó teu servizo e ó da Tenda enteira, pero non se acercarán ós obxectos sagrados nin ó altar, para que non morran nin eles nin vós.


Os que acamparan diante do Tabernáculo, diante da Tenda do Encontro, polo abrente, son Moisés, Aharón, os seus fillos e os encargados das quendas da garda do santuario dos fillos de Israel; calquera estraño que se achegue, será condenado a morte.


Sobre el porán todos os utensilios usados no servizo: os braseiros, as tenaces, e os tridentes, os garfos e as pás, e todos os outros utensilios do altar, e estenderán enriba unha pel de teixugo e colocaranlle os varais.


Para que vivan e non morran, habedes proceder con eles deste xeito: cando teñan que se achegar ás cousas sagradas do santuario, Aharón e seus fillos entrarán e sinalaranlles cadanseu servizo e cargo.


Non entren eles para ver as cousas sagradas, nin sequera cando as están tapando, porque morrerían".


Os fillos de Quehat, non obstante, non lles deu nin carro nin bois, porque teñen ó seu cargo transportar nos ombros as cousas máis santas.


Despois Moisés escribiu esta lei e entregóullela ós sacerdotes, fillos de Leví, que levaban a Arca da Alianza do Señor, e mais ós anciáns de Israel.


E os sacerdotes que levaban a Arca estiveron ergueitos no medio do Xordán, ata o remate de todo o discurso que o Señor mandou a Xosué proclamar ó pobo (segundo todo o que mandara Moisés a Xosué). Daquela, o pobo deuse présa e atravesou.


Os fillos de Ieconías non se aledaron coa demais xente de Betxémex, cando viron a arca do Señor, e o Señor castigou a setenta persoas da familia. O pobo fixo dó por aquela gran mortaldade coa que os ferira o Señor.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan