Ves tamén que lle dei por axudante a Oholiab, fillo de Ahisamac, da tribo de Dan. A todos os homes capaces deilles habilidade, para que poidan facer todo canto che mandei:
Eles serán no meu santuario os encargados da vixilancia fronte ás portas do santuario e os servidores do santuario. Eles mesmos lle matarán ó pobo as vítimas dos holocaustos e dos sacrificios, e eles mesmos estarán de pé diante do pobo para o serviren.
Cando o tabernáculo teña que ser transportado, só eles poderán desarmalo, e cando teñan que erguelo, serán os levitas quen o farán; calquera estraño que se achegue para tocalo, será castigado coa morte.