Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 34:2 - Biblia SEPT

2 —"Ordénalles ós fillos de Israel: Cando entredes no país de Canaán, este será a terra que vos tocará en posesión: o país de Canaán conforme os seus límites.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 34:2
23 Iomraidhean Croise  

As súas fronteiras abranguían desde Sidón, cara a Guerar, ata Gaza, incluíndo tamén Sodoma, Gomorra, Ademah Seboim preto de Laxa.


Dareiche a ti e a eles, en posesión perpetua, a terra onde habitas, o país de Canaán. Eu serei o teu Deus".


dicindo: —"Dareiche a terra de Canaán por sorte e por herdade".


Fixarei os lindeiros da túa terra desde o mar Rubio ó mar dos filisteos e desde o deserto ata o Éufrates. Porei nas túas mans os habitantes do país, botareinos da túa presenza.


Velaquí que eu xa teño dito: —Con que amor te conto entre os meus fillos e che dou un país precioso, e herdas unha gloria superior ás demais nacións! Con que gusto eu repito: chamarédesme "meu Pai", endexamais non deixaredes de seguirme!


Así fala o Señor, Deus: —Estas son as marxes, dentro das que vós repartiredes a propiedade da terra entre as doce tribos de Israel: a Xosé tocaranlle dúas partes de terra.


Repartiredes a terra, tocándolle a cada un o mesmo có seu irmán, xa que eu xurei coa man levantada, que llela daría ós vosos pais, e por iso esta terra tocaravos a vós en partes de herdanza.


Díxolle o Señor a Moisés:


Dun só home quitou a raza humana, para que habitasen toda a terra, e estableceu os lindeiros dos seus tempos e mais dos seus territorios,


para que lles abras os ollos a fin de que volvan das tebras á luz e do poder de Satán a Deus e, pola fe en min, reciban o perdón dos pecados e mais a herdade entre os santos".


que é garantía da nosa herdanza, para redención dos que chegamos a ser propiedade del, para loanza da súa gloria.


que manteña iluminados os ollos da vosa alma, para que comprendades as esperanzas que abre a súa chamada, a riqueza que supón a súa gloriosa herdanza destinada ós crentes,


Así conquistou Xosué todo o país, segundo lle tiña dito o Señor a Moisés; e deullo en herdanza Xosué a Israel, segundo a súa distribución en tribos. E o país repousou da loita.


E Xosué ía xa vello, eivado cos anos, e díxolle o Señor: —"Ti volvícheste vello, entrado en anos, e queda aínda moita terra por conquistar.


E deu o Señor a Israel toda a terra que xurara ós seus devanceiros que había de darlles: e herdárona e viviron nela.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan