Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 34:12 - Biblia SEPT

12 despois baixará a fronteira ata o Xordán, indo dar ó Mar Morto. Tal será para vós o país en todo o perímetro das súas fronteiras".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 34:12
10 Iomraidhean Croise  

Lot levantou os ollos e reparou na veiga do Xordán, toda ela regada. (Isto era antes de que Deus destruíra Sodoma e Gomorra). Ata chegar a Soar era o mesmo ca un xardín do Señor, coma a terra de Exipto.


Os últimos xuntáronse no val de Sidim que é o mar Morto.


Fixarei os lindeiros da túa terra desde o mar Rubio ó mar dos filisteos e desde o deserto ata o Éufrates. Porei nas túas mans os habitantes do país, botareinos da túa presenza.


Así fala o Señor, Deus: —Estas son as marxes, dentro das que vós repartiredes a propiedade da terra entre as doce tribos de Israel: a Xosé tocaranlle dúas partes de terra.


A fronteira baixará desde Xefam ata Ha-Riblah, ó oriente de Ain, e seguirá baixando ata tocar a beira oriental do lago de Xenesaret;


Moisés ordenoulles entón ós fillos de Israel: —"Este é o país que tedes que vos repartir por sorte, e que o Señor mandou que se entregue para as nove tribos e media;


Polo sur pertenceravos desde o deserto de Sin, seguindo a fronteira de Edom; esta fronteira meridional partirá desde o extremo do Mar Morto polo abrente;


E Xosué ía xa vello, eivado cos anos, e díxolle o Señor: —"Ti volvícheste vello, entrado en anos, e queda aínda moita terra por conquistar.


O seu lindeiro oriental era o Mar do Sal ata a foz do Xordán;


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan