Responderon: —"Nós, os teus servos, eramos doce irmáns, fillos dun mesmo pai, na terra de Canaán. O máis pequeno quedou co noso pai, e o outro xa faltou".
Así fala o Señor, Deus: —Estas son as marxes, dentro das que vós repartiredes a propiedade da terra entre as doce tribos de Israel: a Xosé tocaranlle dúas partes de terra.
Levántase El e estremece a terra, olla El e tremen os pobos, féndense as antigas montañas, afúndense os outeiros eternos. Os seus camiños permanecen para sempre.
Moisés ordenoulles entón ós fillos de Israel: —"Este é o país que tedes que vos repartir por sorte, e que o Señor mandou que se entregue para as nove tribos e media;
—"Ordénalles ós fillos de Israel: Cando entredes no país de Canaán, este será a terra que vos tocará en posesión: o país de Canaán conforme os seus límites.