Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 32:7 - Biblia SEPT

7 Por que queredes desanimar ós fillos de Israel, para que non pasen á terra que o Señor lles deu?

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 32:7
9 Iomraidhean Croise  

E contaron: —"Fomos á terra, onde ti nos enviaches: verdadeiramente é un país que deita leite e mel. Velaquí os seus froitos!


Mais os homes que subiran con el, dixeron: —"Non podemos subir contra ese pobo, pois é máis forte ca nós".


Estes eran os seus nomes: Pola tribo de Rubén, Xamúa, fillo de Zacur.


E marcharon do monte Hor polo camiño do Mar Rubio, rodeando o país de Edom, e o pobo comezou a esmorecer polo camiño.


Moisés, con todo, díxolles ós fillos de Gad e ós fillos de Rubén: —"Como van ir vosos irmáns á guerra e vosoutros ides quedar sentados?


Subiron ata o val de Excol, e viron o país; logo desanimaron ós fillos de Israel para que non fosen ó país que o Señor lles dera.


Daquela respondeu Paulo: A que vén tanto pranto? Seica me queredes desmoralizar? Eu estou disposto non só a deixarme atar, senón tamén a morrer en Xerusalén polo nome do Señor Xesús.


Onde imos nós subir? Os nosos irmáns fixeron esmorecer os nosos corazóns, ao diciren: Son un pobo máis grande e máis corpulento ca nós, cidades máis grandes e máis cortadas a pico có ceo e mesmo vimos alí anaquitas.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan