Xa que mostraches o teu favor a este teu servo e me trataches con amor, salvándome a vida, mira que non vou poder chegar ata a montaña, antes de que me acade a desgraza e morra.
Ioab postrouse por terra, saudando, e deulle as gracias ó rei. Dixo Ioab: —"Agora, rei, meu señor, sei que conto co teu favor pois o rei cumpre os desexos do seu servo".
E dixo Xosué: —"Ah, meu Señor Iavé!: Por que fixeches pasar o Xordán a este pobo, para poñéresnos nas mans dos amorreos e acabar connosco? Oxalá tivésemos quedado na outra banda do Xordán!
Entón ela abateuse, prostrándose por terra, e díxolle a el: —"Por que atopei benquerenza ós teus ollos, para reparares en min, sendo como son unha estranxeira?"
Mais David insistiu: —"Teu pai sabe moi ben que eu che caín en graza e pensará: Que non saiba isto Ionatán para que non se entristeza. Pero, pola vida do Señor e pola túa vida, que estou a un paso da morte".