Estes, descritos polos seus nomes, viñeron en tempos de Ezequías, rei de Xudá, atacaron as súas tendas e os mineos que atoparon alí destruíronos ata hoxe, habitando no sitio deles, por haber alí pasto para o seu gando.
Pastorea ó teu pobo co teu caxato, o rabaño da túa herdanza, que vive solitario na foresta, no medio dunha fértil camposa. Que pazan en Baxán e Galaad, coma nos días doutros tempos.
Mais Israel derrotouno a fío de espada e apoderouse do seu territorio, desde o Arnón ata o Iaboc, ata os amonitas, porque a fronteira dos fillos de Amón estaba fortificada.
Entón o Señor díxolle a Moisés: —"Non lle teñas medo, porque xa cho puxen eu na túa man con todo o seu pobo e todo o seu territorio. Farás con el o mesmo que fixeches con Sihón, rei dos amorreos, que habitaba en Hexbón".