Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 32:3 - Biblia SEPT

3 —"Atarot, Dibón, Iazer, Nimrah, Hexbón, Elaleh, Sibmah, Nebó e Beón,

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 32:3
22 Iomraidhean Croise  

Puxeches nas súas mans reinos e pobos, repartíndolles cadansúa rexión, e tomaron posesión do país de Sihón —o do rei de Hexbón— e do país de Og, rei de Baxán.


Si, as augas de Nimrim vólvense un sequeiro, está seca a herba, murchan as plantas, xa non hai verdor.


Acerca de Moab, así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: Ai do poder do Nebó! Está arrasado. Ai da súa capital! Está arrasada e conquistada. Ai da súa fortaleza, desolada e desfeita!


Xa desapareceu o renome de Moab. Desde Hexbón proxectaron desgrazas contra el: "Vaiamos e eliminémolo de entre os pobos". Desde Dimón chorarás a berros, pois perséguete a espada.


Máis cós choros por Iazer, chorarei eu por ti, viña de Sibmah: os teus bacelos traspasan o mar, máis aló do mar chega a túa axuda; pero o devastador caerá sobre a túa colleita e a túa vendima.


Os berros de auxilio de Hexbón chegan ata Elaleh, ata Iahás. Lanzan os seus gritos desde Soar ata Horonaim, a xovenca de tres anos; pois mesmo as fontes de Nimrim se volven unha desolación.


O amparo de Hexbón detéñense os fuxitivos sen forzas, de Hexbón sae lume, e chamas saen do neutral Sihón, devoran a cabeza de Moab polos dous lados e o cranio dos fillos da destrución.


por isto, fíxate: vou abrir un costado a Moab, por falar burlescamente; de entre as súas cidades quitareille a xoia do país, o Casal da Desolación, o Casal de Baal, Meón e Quiriataim:


Pois un lume saíu de Hexbón, unha chama da cidade de Sihón, que devorou Ar de Moab, e os outeiros de Arnón.


O xugo de Hexbón foi exterminado! Arruinado está Hexbón ata Dibón; arruinamos ata Nófah, que está xunto a Medebá".


Moisés mandou explorar Iaser, e conquistárona coas súas vilas de arredor, expulsando ós amorreos que moraban alí.


Os fillos de Rubén e os fillos de Gad posuían numerosos rabaños, moi importantes, e tras contemplar o país de Iazer e o de Galaad, viron que o lugar era sitio propio para rabaños.


Viñeron, pois, os fillos de Gad e os de Rubén e dixéronlles a Moisés, ó sacerdote Elazar e ós príncipes da comunidade:


Hexbón e todas as súas vilas da terra cha; Dibón, Bamot—Baal, Bet—Baal—Meón,


Quiriataim, Sibmah, e Séret—Xáhar, no outeiro do val;


Hexbón cos seus pastos, Iazer cos seus pastos: no total, catro cidades.


E levando Israel trescentos anos de permanencia en Hexbón e nos seus anexos, en Aroer e nos seus anexos, e en todas as vilas que están á beira do Arnón, por que non as recuperastes ó longo de todo ese tempo?


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan