Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 32:1 - Biblia SEPT

1 Os fillos de Rubén e os fillos de Gad posuían numerosos rabaños, moi importantes, e tras contemplar o país de Iazer e o de Galaad, viron que o lugar era sitio propio para rabaños.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 32:1
30 Iomraidhean Croise  

Abram era moi rico en gandos, en prata e en ouro.


Lot ía con Abram e era tamén rico en rabaños, en gandos e en tendas.


Lea quedou embarazada e deu a luz un fillo, ó que puxo por nome Rubén, porque dicía: —"O Señor ollou para a miña aflición, e agora quererame o meu home".


E engadiron: —"Viñemos buscar asento nesta terra, pois en Canaán faltan pastos para os rabaños dos teus servos, e a fame pesa por alá. Deixa ós teus servos asentarse na bisbarra de Goxén".


Atravesaron o Xordán e comezaron por Aroer, ó sur da cidade que está no medio da valgada, e dirixíronse a Gad e a Iazer.


Chegaron a Galaad e ó país dos hititas en Cadex. Logo foron a Dan e de alí deron a volta cara a Sidón.


Estes, descritos polos seus nomes, viñeron en tempos de Ezequías, rei de Xudá, atacaron as súas tendas e os mineos que atoparon alí destruíronos ata hoxe, habitando no sitio deles, por haber alí pasto para o seu gando.


Con eles ía tamén unha multitude de xente mesturada, e rabaños de ovellas e de vacas e gando en grande cantidade.


Así fala o Señor contra o palacio real de Xudá: —Ti es para min coma Galaad, coma o cume do Líbano; pero olla que te vou converter nun deserto, en cidade deshabitada;


Máis cós choros por Iazer, chorarei eu por ti, viña de Sibmah: os teus bacelos traspasan o mar, máis aló do mar chega a túa axuda; pero o devastador caerá sobre a túa colleita e a túa vendima.


Traerei a Israel ó seu pasteiro e pastará no Carmelo e en Baxán, nas montañas de Efraím e en Galaad; fartarase a súa gorxa.


Non hai bálsamo en Galaad? Non hai alí curandeiro? Como é que non cerra a ferida da filla do meu pobo?


Pastorea ó teu pobo co teu caxato, o rabaño da túa herdanza, que vive solitario na foresta, no medio dunha fértil camposa. Que pazan en Baxán e Galaad, coma nos días doutros tempos.


Moisés mandou explorar Iaser, e conquistárona coas súas vilas de arredor, expulsando ós amorreos que moraban alí.


Viñeron, pois, os fillos de Gad e os de Rubén e dixéronlles a Moisés, ó sacerdote Elazar e ós príncipes da comunidade:


Os nosos fillos, as nosas mulleres, os nosos rabaños e todo o noso gando ficarán aí, nas cidades de Galaad;


—"Atarot, Dibón, Iazer, Nimrah, Hexbón, Elaleh, Sibmah, Nebó e Beón,


Atarot-Xofán, Iazer, Iogbohah,


Viu as primicias que son para el; si, alí está ben gardada a parte prescrita, logo chegou onda os xefes do pobo, cumpriu a xustiza do Señor, os seus decretos cumpriunos con Israel.


E foron os lindeiros deles Iazer e todas as cidades de Galaad, e a metade do país dos fillos de Amón ata Aroer, que está enfronte de Rabah;


E enviaron os fillos de Israel onda os fillos de Rubén e os fillos de Gad e a media tribo de Menaxés, na terra de Galaad, a Pinhás, fillo do sacerdote Elazar,


Daquela volveron os fillos de Rubén, os fillos de Gad e a media tribo de Menaxés, e deixaron Xiloh, onde estaban os fillos de Israel, na terra de Canaán, para se dirixiren á terra de Galaad, á terra da súa herdanza, que tiñan asignada pola palabra que dera o Señor por medio de Moisés.


Porque todo o que hai no mundo as inclinacións ó mal, os ollos que endexamais nunca se enchen e o orgullo que dá ter moitos cartos non vén do Pai, senón que vén do mundo.


Por que ficas entre os curros, para escoitar os asubíos dos pastores? Nos clans de Rubén houbo grandes perplexidades no corazón.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan