Ben certo que nós lle ofrecemos incenso á Raíña do ceo e lle vertemos libacións. Acaso lle fixemos bicas para representala ou vertemos libacións no seu honor sen o consentimento dos nosos homes?
Se alguén, sen se decatar, fai un xuramento cos seus labios, sexa para mal ou para ben, dicindo as verbas coas que a xente adoita xurar, cando se decate, faise culpable.
Pero, se o home, no día en que dixo chegar ó coñecemento diso, o desaproba, o voto queda anulado e a promesa feita de palabra, coa que se comprometera, desaparece, e o Señor perdoaraa.
O seu home Elcanah respondeulle: —"Fai como che pareza ben. Agarda, pois, a destetalo. E que o Señor apoie a túa promesa". Ana quedou na súa casa, criando o seu fillo, ata que o destetou.