6 Non obstante, se o seu pai, ó chegar ó coñecemento dos votos e do compromiso, se opón, todos os seus votos e mais o compromiso non terán valor, e o Señor perdoaraa, porque seu pai se opuxo a isto.
Ben certo que nós lle ofrecemos incenso á Raíña do ceo e lle vertemos libacións. Acaso lle fixemos bicas para representala ou vertemos libacións no seu honor sen o consentimento dos nosos homes?
Se alguén, sen se decatar, fai un xuramento cos seus labios, sexa para mal ou para ben, dicindo as verbas coas que a xente adoita xurar, cando se decate, faise culpable.
Daquela fixo este voto: —"Señor dos exércitos, se te fixas no acoramento da túa serva e lle dás un filliño, eu cedereillo ó Señor por todos os días da súa vida, e a navalla non tocará na súa cabeza".