Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 30:3 - Biblia SEPT

3 Se un home fai un voto ó Señor ou se compromete baixo xuramento, uníndose por unha obrigación, non faltará á súa palabra; obrará conforme a todo o que prometeu.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 30:3
10 Iomraidhean Croise  

Ademais, rebelouse contra o rei Nabucodonosor, que lle tomara xuramento solemne de fidelidade. Púxose testán e negouse por completo a converterse ó Señor Deus de Israel.


Ofrécelle a Deus a loanza e cumpre os teus votos ó Altísimo.


—"Dilles ós fillos de Israel: Cando alguén queira cambiar un voto que fixo, consagrando unha persoa ó Señor, poderao rescatar conforme o seu valor.


Moisés faloulles tamén ós xefes das tribos israelitas, dicindo: —"Isto é o que mandou o Señor:


Se unha muller fai un voto ó Señor ou se compromete por unha obrigación, estando na casa de seu pai, na súa mocidade,


—"Dilles ós fillos de Israel: Calquera home ou muller que fagan voto de nazireato e queiran consagrarse ó Señor,


As mulleres na asemblea que calen a boca, que non lles está permitido falar; que se mostren submisas, coma a mesma Lei o di.


Non obstante, os fillos de Israel non os mataron, pois os príncipes da asemblea xuráranlles polo Señor, Deus de Israel. Entón, toda a asemblea murmurou contra os príncipes.


E, ó vela, rachou as súas vestiduras e exclamou: "Oh miña nena! Magoáchesme de verdade, e ti es a razón da miña mágoa, pois dei a miña palabra ó Señor e non podo botarme atrás".


Daquela fixo este voto: —"Señor dos exércitos, se te fixas no acoramento da túa serva e lle dás un filliño, eu cedereillo ó Señor por todos os días da súa vida, e a navalla non tocará na súa cabeza".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan