Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 3:9 - Biblia SEPT

9 Porás os levitas baixo as ordes de Aharón e de seus fillos, e serán como unha oblación perfecta de entre os fillos de Israel para o seu servizo.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 3:9
15 Iomraidhean Croise  

Entón ordenou: —"A arca de Deus non debe ser transportada senón polos levitas, porque son os que Iavé escolleu para trasladala e para facer o seu servizo para sempre endexamais".


Seus irmáns, os levitas, tiñan ó seu cargo todo o servizo do tabernáculo do templo.


Os servos: os fillos de Sibá, os fillos de Hasufá, os fillos de Tabaoth,


Os sacerdotes, por grupos, e os levitas por clases estableceron o culto do templo de Xerusalén, de acordo coas prescricións do libro de Moisés.


e entre os servidores que David e os xefes deran para o servizo dos levitas, douscentos vinte servidores, todos designados polos seus nomes.


Parécevos pouco para vós que o Deus de Israel vos separase da comunidade israelita e vos aproximase a El, para que desempeñedes o servizo do Tabernáculo do Señor e para vos manter na presidencia da comunidade e oficiar por ela?


Toma tamén contigo ós teus irmáns, a tribo de Leví, liñaxe do teu pai, para que contigo se unan e te axuden cando ti e os teus fillos estiverdes diante da Tenda do Testemuño.


Coidarán todos os ornamentos e demais obxectos da Tenda da Alianza e procurarán todo canto lles cumpra ós israelitas reunidos no tabernáculo.


Separarás así os levitas de entre os fillos de Israel, e os levitas serán para min.


porque eles son unha verdadeira ofrenda, doada a min, entre todos os fillos de Israel, en lugar de todos os primoxénitos, os que abren o seo materno de entre os fillos de Israel. Eu escollinos para min.


Escollín os levitas en lugar de todos os primoxénitos de Israel,


e, tirándoos do medio do pobo, entreguéillelos a Aharón e a seus fillos, para que me sirvan polos fillos de Israel na Tenda do Encontro e para que ofrezan expiación polos fillos de Israel, de sorte que non veña ningunha praga entre os israelitas cando se aproximen ó santuario".


E a uns fíxoos apóstolos; a outros, profetas; a outros, mensaxeiros do Evanxeo; e a outros, pastores e mestres,


Por iso di a Escritura: Subiu ó alto levando cativos; concedeulles os dons ós homes.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan