7 Encargaranse de facer todas as gardas que lles correspondan a el e á comunidade reunida na Tenda do Testemuño e farán así todos os servizos do tabernáculo.
Este, Xelomit, e seus irmáns, gardaban os tesouros das cousas santas que foran consagradas polo rei David (cos xefes das casas paternas, os xefes de millares e de centenas, e cos xefes do exército),
Débeslles confiar a eles o coidado da Morada do Testemuño e de todos os seus vasos sagrados e de canto pertence ás cerimonias. Soamente eles os poderán transportar e soamente eles os poderán manexar e meter na Tenda da Alianza. Acamparán arredor do tabernáculo.
Pero os levitas acamparán arredor do Tabernáculo do Testemuño, de tal xeito que os fillos de Israel non caian no castigo de Deus. Soamente a eles lles corresponde gardar o Tabernáculo do Testemuño".
Da metade correspondente ós fillos de Israel tomarás a porcentaxe do un por cincuenta, tanto dos homes como dos bois, dos asnos e das ovellas, de todos os animais, e darásllelo ós levitas encargados do servizo do Tabernáculo do Señor".