Entón ordenou: —"A arca de Deus non debe ser transportada senón polos levitas, porque son os que Iavé escolleu para trasladala e para facer o seu servizo para sempre endexamais".
Postos baixo as ordes dos fillos de Aharón, para o servizo do templo do Señor, tiñan ó seu coidado os adros e as cámaras, a limpeza de todas as cousas santas e as obras do servizo do templo de Deus;
Por tanto, meus fillos, non sexades neglixentes, que o Señor vos elixiu para estardes na súa presenza, servilo, ser os seus ministros e queimar incenso".
Despois irá a Tenda da Alianza do campamento, levada polos levitas, no medio dos batallóns, tal e como estaban acampados. Así camiñarán, cada un baixo as súas insignias, levadas en alto nas mans.
Naquela ocasión escolleu o Señor a tribo de Leví para que levase a Arca da Alianza do Señor, para que se mantivese na presenza do Señor dándolle culto e bendicindo no seu nome tal como fai aínda hoxe.