Nadab e Abihú, fillos de Aharón, colleron cadanseu incensario, puxéronlle brasas, botáronlles incenso enriba, e presentaron diante do Señor un lume profano, que non lles fora mandado.
Moisés díxolles a Aharón e a Elazar e Itamar, seus fillos superviventes: "Collede o que resta das oblacións do Señor, que non se queimou, e comédeo sen levedar ó pé do altar, porque é unha cousa sacrosanta.