Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 3:13 - Biblia SEPT

13 porque todo primoxénito é meu, desde o día en que ferín a todos os primoxénitos na terra de Exipto e consagrei para min todo primoxénito de Israel, tanto dos homes como dos animais. Serán meus. Eu son o Señor".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 3:13
16 Iomraidhean Croise  

Da mesma maneira, deben levarse as primicias dos nosos eidos, as de todos os froitos de toda árbore, cada ano, para a casa do Señor,


consagrarás ó Señor todos os primoxénitos. As primeiras crías dos teus gandos, se son machos, perténcenlle ó Señor.


O faraón teimaba en non deixarnos saír, e entón o Señor matou a todos os primoxénitos de Exipto, os dos homes e os do gando. Por iso nós sacrificamos para o Señor as primeiras crías do gando que son machos, e rescatamos os fillos primoxénitos.


—"Conságrame todo primoxénito. Todo primeiro nacido que bote o ventre, tanto se é dos homes coma dos animais, perténceme a min".


E o mesmo farás cos dos teus gandos e cos dos teus rabaños. Deixarás sete días a cría coa súa nai e no oitavo entregarasma.


Todos os primoxénitos son meus; e meus son tamén os primoxénitos machos do teu gando, das ovellas e das vacas.


O mellor das primicias de todo, e o mellor das contribucións sobre todo —de todas as vosas contribucións— será para os sacerdotes; tamén lle daredes ó sacerdote o mellor da vosa muiñada, para que a bendición descanse na túa casa.


A primeira cría do gando, que por ser primoxénito pertence ó Señor, non poderá ser ofrecida como voto, será xa do Señor, sexa tenreiro, sexa de gando miúdo.


Todos os seres de calquera criatura que nacen os primeiros, sexan homes ou animais, que sexan presentados ó Señor, serán para ti, agás os primoxénitos do home, que o terás que rescatar, como tamén rescatarás os dos animais.


De feito fun eu quen escollín os fillos de Leví, vosos irmáns, do medio dos fillos de Israel e volos entreguei como oblación ó Señor, para faceren o servizo da Tenda do Encontro.


Collerás para min —Eu son o Señor!— todos os levitas no canto dos primoxénitos dos israelitas, e os animais dos levitas no canto de todos os primoxénitos dos animais dos israelitas".


mentres os exipcios enterraban a todos os seus primoxénitos, que o Señor ferira de morte, como proba de que era máis poderoso cós seus deuses.


(pois así está escrito na Lei do Señor: Todo varón primoxénito consagraredes ó Señor),


en festa dos primoxénitos censados no ceo, e diante de Deus, xuíz de todos, e das ánimas dos xustos que xa chegaron á súa perfección,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan