10 Para Aharón e seus fillos farás un estatuto das funcións que eles poderán desempeñar no exercicio do seu sacerdocio; calquera estraño que llelas queira usurpar será castigado coa morte".
cinguiráslles o cíngulo. O mesmo a Aharón coma a eles poralles as súas mitras. O sacerdocio será a súa propiedade para sempre. Así é como investirás a Aharón e a seus fillos.
Cando o tabernáculo teña que ser transportado, só eles poderán desarmalo, e cando teñan que erguelo, serán os levitas quen o farán; calquera estraño que se achegue para tocalo, será castigado coa morte.
Ti, non obstante, e teus fillos contigo exerceredes a vosa función sacerdotal en todo o que toca ó altar e á parte interior do veo: é unha doazón que vos fago eu a vós, o voso sacerdocio, e calquera estraño que se aproxime, morrerá".
Os que acamparan diante do Tabernáculo, diante da Tenda do Encontro, polo abrente, son Moisés, Aharón, os seus fillos e os encargados das quendas da garda do santuario dos fillos de Israel; calquera estraño que se achegue, será condenado a morte.
Os fillos de Ieconías non se aledaron coa demais xente de Betxémex, cando viron a arca do Señor, e o Señor castigou a setenta persoas da familia. O pobo fixo dó por aquela gran mortaldade coa que os ferira o Señor.