Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 28:3 - Biblia SEPT

3 Tamén lles dirás: Este é o sacrificio para ser queimado que tendes de ofrecer ó Señor: años dun ano sen defecto, dous cada día, en holocausto perpetuo.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 28:3
25 Iomraidhean Croise  

para que alí ofrecesen a Iavé continuamente, mañá e tarde, holocaustos, e cumprisen todo canto está escrito na Lei dada por Iavé a Israel.


Observaba o rito cotián dos holocaustos e as prescricións de Moisés referentes ós sábados, principios de mes e ás tres solemnidades anuais: a festa dos Azimos, a das Semanas e a das Tendas.


Despois disto presentaron o holocausto perpetuo, os holocaustos dos novilunios e de todos os tempos sagrados do Señor, o mesmo que para cantos facían ofrendas voluntarias ó Señor.


Os fillos de Aharón queimarán todo isto enriba do altar, xunto coa oblación que se pon enriba da leña, colocada sobre o lume, como holocausto de recendo para o Señor.


Aharón e seus fillos comerán o resto da oblación, sen fermento, no lugar santo, no limiar da Tenda do Encontro.


Ide en romaría a Betel para pecar, ou a Guilgal, e amoreade delitos; levade de mañá os sacrificios e ó día terceiro os vosos décimos.


É o holocausto de cada sábado, que se engade ó holocausto perpetuo e mais á súa libación.


Tamén un chibo en sacrificio polo pecado: ofrecerase, coa súa libación, ademais do sacrificio perpetuo.


Faredes tales ofrendas sen contardes o holocausto da mañá, que forma parte do holocausto perpetuo.


Faredes isto cada un dos sete días: é un alimento, sacrificio con lume de grato aroma para o Señor. Farase coa súa libación, ademais do holocausto perpetuo.


Ofreceredes isto ademais do holocausto perpetuo e a súa oblación. Escollerédelos sen defecto, coas súas libacións correspondentes.


O primeiro año ofrecerédelo pola mañá, e o segundo á tardiña;


Un macho cabrún en sacrificio polo pecado, sen contar o sacrificio expiatorio e o holocausto perpetuo, coa súa oblación e mais as súas libacións.


un macho cabrún en sacrificio polo pecado, ademais do holocausto perpetuo coa súa oblación e mais a súa libación.


sen contar o holocausto do mes e mais a súa oblación, o holocausto perpetuo e mais a súa oblación, ademais das libacións preceptuadas, en sacrificio con lume de grato aroma para o Señor.


O outro día, vendo a Xesús, que viña cara a el, dixo: Velaí o Año de Deus, o que arrinca o pecado do mundo!


Estando todo isto construído deste xeito, na primeira tenda entran a miúdo os sacerdotes, para celebraren o culto.


E todos os habitantes da terra, que desde o comezo do mundo non teñen o seu nome escrito no libro da vida do Año que foi degolado, adoraron a besta.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan