Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 28:2 - Biblia SEPT

2 —"Ordénalles ós fillos de Israel: Coidaredes de me ofrecer ó seu tempo a miña ofrenda, o manxar debido, como sacrificio de grato recendo ó ser queimado.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 28:2
32 Iomraidhean Croise  

O sacerdote queimará todo no altar, como holocausto de recendo para o Señor.


Agradoulle ó Señor o recendo e decidiu: —"Non maldicirei a terra outra vez por mor dos homes, por máis que a súa inclinación tenda cara ó mal desde a súa mocidade. Non ferirei outra vez a todos os seres vivos, como acabo de facer.


Acuso recibo de todo e teño de abondo. Quedei ben provisto ó recibir de Epafrodito o que viña de vosa parte, agradable recendo, sacrificio aceptable e que prace a Deus.


e camiñade no amor, igual ca Cristo, que vos amou e que se entregou por nós coma ofrenda e vítima a Deus de recendo agradable.


Porque somos recendo de Cristo para Deus, tanto entre os que se salvan coma entre aqueles que se perden:


Pero vós profanastes o meu Nome ó dicirdes: "A mesa do Señor está lixosa e a súa comida é desprezable".


O presentardes sobre o meu altar ofrendas lixosas, dicides: "En que te lixamos a ti?" Cando dicides: "a mesa do Señor é desprezable",


Coma do perfume que aplaca, sentireime compracido de vós, cando vos faga saír de entre os pobos e vos xunte traéndovos dos países onde estades esparexidos: entón mostrarei por medio voso a miña santidade á vista dos pagáns.


A comida que eu che daba —a flor da fariña, o aceite e mais o mel con que eu te alimentaba— ofrecíchela ante elas coma perfume agradable: así segue sendo, é o meu Señor, Iavé, quen fala.


pulsade o salterio, tocade o pandeiro, a donda cítara e a arpa.


se é toda a comunidade a que faltou sen o saber, sacrificarase un xovenco coa súa ofrenda e a súa libación, conforme o rito prescrito, e un chibo en sacrificio expiatorio.


e do viño para a libación, un litro e cuarto, que ofrecerás como aroma de suavidade ó Señor.


e queirades celebrar unha ofrenda de comida (un holocausto ou un sacrificio en cumprimento de voto ou como ofrenda voluntaria ou con motivo das vosas solemnidades sacrificando bois ou ovellas, en recendo grato ó Señor),


Canto ó home que, estando impuro e non se encontrando de viaxe, non celebra a Pascua, deberá ser exterminado de entre seu pobo, por non ofrecer o seu sacrificio ó Señor no tempo indicado. Ese home cargará co seu pecado.


—"Nós estamos impuros por mor dun cadáver, por que habemos nós de ser privados de facermos a ofrenda do Señor ó seu tempo no medio dos fillos de Israel?"


E ti recoñeceralo como santo, pois ofrece o alimento do teu Deus: será para ti santo, porque santo son eu, que vos santifico.


Serán santos para o seu Deus, non profanando o seu nome, porque son eles os que presentan sacrificios de holocausto ó Señor, alimento do seu Deus: deberán ser santos.


quebraralle logo as ás, pero sen llas arrincar, e o sacerdote queimará a vítima no altar en riba da leña colocada sobre o lume. Será un holocausto de recendo para o Señor.


Lavaranse con auga os intestinos e as patas e o sacerdote presentará e queimará todo xunto sobre o altar, como holocausto de recendo para o Señor.


despois de lavar as entrañas e as patas con auga, o sacerdote fará queimar todo xunto sobre o altar, como holocausto de recendo para o Señor.


e queimarás o carneiro todo encima do altar. É un holocausto para o Señor, un sacrificio recendente que lle prace.


Garda a festa dos Ácimos. Sete días comerás pan sen levedar, conforme che mandei, no tempo fixado do mes de abib, pois nel saístes de Exipto. E non viredes onda min coas mans baldeiras.


O Señor díxolle a Moisés:


Volveron colocar o altar sobre os seus fundamentos —non sen medo ós colonos estranxeiros—, e ofreceron nel ó Señor os holocaustos matutinos e vespertinos.


Tales son as cousas que faredes en honra do Señor nas vosas solemnidades, á parte dos vosos votos e ofrendas voluntarias, dos vosos holocaustos, oblacións, libacións e mais sacrificios pacíficos".


e ofrecer continuamente os holocaustos ó Señor os sábados, os novilunios e as festas, segundo o número e os ritos prescritos.


Iehoiadá puxo gardas no templo, ás ordes dos sacerdotes e levitas que David distribuíra na casa de Deus para ofreceren holocaustos ó Señor —segundo o manda a lei de Moisés— con alegría e con cánticos compostos por David.


Destinou parte dos bens da coroa a toda clase de holocaustos: matutinos e vespertinos, dos sábados, principios de mes e festividades, como manda a Lei do Señor.


Entón Xosué, fillo de Iosadac, púxose en pé cos seus irmáns os sacerdotes; como tamén Zerubabel fillo de Xealtiel, cos seus irmáns, e empezaron a construír o altar do Deus de Israel para ofreceren nel holocaustos, como manda a lei de Moisés, home de Deus.


para o pan da presentación, para a ofrenda perpetua, para o holocausto perpetuo, os sábados, comezos de mes, festas, para as cousas consagradas, para os sacrificios de expiación dos pecados de Israel e para toda obra da casa do noso Deus.


pois o príncipe é o responsable dos holocaustos, da ofrenda, das libacións nas festas, nas lúas novas, nos sábados e en todas as romarías da Casa de Israel. El mesmo fará o sacrificio polos pecados, a ofrenda, o holocausto e os sacrificios de comuñón para facer a expiación en favor da Casa de Israel.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan