Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 27:7 - Biblia SEPT

7 —"Din ben as fillas de Selofad. Daraslles unha propiedade entre os irmáns de seu pai, e pásalles a herdanza do pai deles.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 27:7
10 Iomraidhean Croise  

Non houbo en toda a bisbarra mulleres tan belidas coma as fillas de Xob, e o pai deulles herdanza coma a seus irmáns.


Loade o Señor, cantade o seu nome, abride camiño ó que cabalga polas gándaras. Chámase Señor: exultade diante del.


—Abandona ós teus orfos, que eu os farei vivir, e as túas viúvas confiarán en min.


O Señor respondeulle a Moisés:


E ós fillos de Israel falaraslles nestes termos: Cando un home morra sen ter fillos varóns, pasarédeslles a herdanza ás súas fillas;


Entón Moisés, por mandato do Señor, deu orde ós fillos de Israel: —"Din ben os da tribo dos fillos de Xosé.


Velaquí o que ordenou o Señor para as fillas de Selofad: casarán con quen elas queiran, mais soamente con quen pertenza á familia da súa tribo.


E todo iso de xudeus e gregos; de escravos e libres, de homes e mulleres, todo iso acabou, pois sodes coma un só en Cristo Xesús.


E foron onda o sacerdote Elazar, onda Xosué o fillo de Nun, e mais onda os príncipes, dicindo: —"O Señor mandou a Moisés darnos herdanza no medio de nosos irmáns". E déronlles a partilla entre os irmáns de seu pai, de acordo co mandamento do Señor.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan