4 Por que deixar que o nome do noso pai desapareza de entre os da súa familia por non ter fillos varóns? Dádenos unha propiedade entre os irmáns do noso pai!"
Entón rogou Moisés ante o Señor, o seu Deus: —"Por que, Señor, se ten que acender a túa ira contra o teu pobo, que con moito poder e con man rexa sacaches de Exipto?
—"O noso pai morreu no deserto, pero el non figurou na facción dos que conspiraron contra o Señor, na facción de Coré; senón que morreu polo seu pecado e non tivo fillos.
E foron onda o sacerdote Elazar, onda Xosué o fillo de Nun, e mais onda os príncipes, dicindo: —"O Señor mandou a Moisés darnos herdanza no medio de nosos irmáns". E déronlles a partilla entre os irmáns de seu pai, de acordo co mandamento do Señor.