Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 27:16 - Biblia SEPT

16 —"Señor, Deus do espírito de todo ser vivo, sinala sobre a comunidade un home que a dirixa e se poña á súa cabeza,

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 27:16
20 Iomraidhean Croise  

Nos días de Salomón, Xudá e Israel vivían tranquilos, cada un debaixo da súa parra e da súa figueira, desde Dan ata Beerxeba.


Rodearedes o rei por todos os lados, todos coas armas na man. Se alguén tenta romper as ringleiras, matarédelo. Estade ó lado do rei, onde queira que vaia".


e torne o po á terra que antes era, e volva o espírito cara a Deus, que o deu.


Dareivos pastores conforme a miña idea que vos gobernen con sabedoría e sexan prudentes.


—Eu, o Señor, son o Deus de todos os homes: acaso hai algo imposible para min?


O rei Sedecías xuroulle en secreto a Xeremías deste xeito: —Vive o Señor que está a chegar, e que nos dá a vida que temos, que non te deixarei matar nin te entregarei nas mans destes homes que buscan acabar coa túa vida!


Pois, de certo, todas as vidas son miñas; o mesmo cá vida do pai, tamén a vida do fillo é miña; a persoa que peque, esa é a que morrerá.


Vou suscitar á fronte deles un pastor único, que os apacente: será o meu servo David; el mesmo os apacentará: el en persoa será para eles o seu pastor.


E o meu servidor David será o seu rei, o pastor único de todos eles, e camiñarán conforme as miñas leis, gardarán os meus preceptos e cumpriranos.


Eles, entón, caeron co rostro por terra e exclamaron: —"Deus, o noso Deus, fonte do espírito de todos os viventes!, acaso, se un home só peca, acenderase a túa ira contra toda a comunidade?"


Moisés respondeulle ó Señor:


Así que rogádelle ó dono da colleita que mande xornaleiros á súa ceifa.


Eu son o Bo Pastor. O Bo Pastor dá a súa vida polas ovellas.


Coidade de vós e de todo o rabaño do que o Espírito Santo vos constituíu inspectores, para pastoreardes a Igrexa que Deus comprou co sangue do seu propio Fillo.


Logo o Señor díxolle a Moisés: —"Olla que os días da túa morte están cerca. Chama a Xosué e presentádevos na Tenda do Oráculo, que eu lle vou dar ordes". Entón foron Moisés e Xosué e presentáronse na Tenda do Encontro.


Aínda máis, nosos pais terrestres eran os que nos castigaban e con todo respectabámolos. E logo non nos habemos de someter con moita máis razón ó Pai do espírito, para podermos vivir?


Agora aí tedes o rei que vós pedistes e escollestes. Nel o Señor deuvos un rei.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan