Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 26:54 - Biblia SEPT

54 Os máis numerosos formaraslles unha herdade grande e ós máis pequenos formaraslles unha herdade menor; a cada un daraslles a súa herdanza conforme os seus rexistrados.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 26:54
7 Iomraidhean Croise  

—"A estes seralles repartido o país en concepto de herdanza, conforme o número de inscritos.


—"Atarot, Dibón, Iazer, Nimrah, Hexbón, Elaleh, Sibmah, Nebó e Beón,


Se encontramos graza ós teus ollos, dános en posesión ós teus servos este territorio, non nos fagas atravesar o Xordán".


Repartiredes o país por sorte, segundo as vosas familias: ó máis numeroso darédeslle herdade maior, e ó máis pequeno darédeslle unha herdanza máis pequena. Aquilo que lle toque en sorte a cada un, seu será; collerédelo en propiedade segundo as vosas tribos paternas.


As cidades que tedes de dar serán tomadas da propiedade dos fillos de Israel: de quen ten moito tomaredes moito, e de quen ten menos tomaredes menos; cada un dará das súas cidades para os levitas na proporción da herdanza que teña recibido".


E protestaron os fillos de Xosé a Xosué, dicindo: —"Por que nos destes só unha parte da herdanza e da terra, sendo nós un pobo numeroso, bendicido por Deus ata o remate?"


Da partilla dos fillos de Xudá, tocoulles herdanza ós fillos de Simeón, pois o lote dos fillos de Xudá era de máis para eles; e herdaron os fillos de Simeón no medio do territorio daqueles.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan