O Señor aparecéuselle a Abram para dicirlle: —"Os teus descendentes dareilles esta terra". Abram erixiu alí mesmo un altar ó Señor que se lle aparecera.
pero farédelo botando ás sortes as partes da herdanza para vós e para os estranxeiros que viven entre vós, os que xa tiveron fillos entre vós; serán para vós coma nativos entre os fillos de Israel, e con eles botaredes ás sortes as partes da herdanza no medio das tribos de Israel.
Os máis numerosos formaraslles unha herdade grande e ós máis pequenos formaraslles unha herdade menor; a cada un daraslles a súa herdanza conforme os seus rexistrados.
Repartiredes o país por sorte, segundo as vosas familias: ó máis numeroso darédeslle herdade maior, e ó máis pequeno darédeslle unha herdanza máis pequena. Aquilo que lle toque en sorte a cada un, seu será; collerédelo en propiedade segundo as vosas tribos paternas.
Así conquistou Xosué todo o país, segundo lle tiña dito o Señor a Moisés; e deullo en herdanza Xosué a Israel, segundo a súa distribución en tribos. E o país repousou da loita.
Estes son os eidos que herdaron os fillos de Israel na terra de Canaán, e que distribuíron Elazar o sacerdote, Xosué, fillo de Nun, e os xefes de familia das tribos dos fillos de Israel.