Lea quedou embarazada e deu a luz un fillo, ó que puxo por nome Rubén, porque dicía: —"O Señor ollou para a miña aflición, e agora quererame o meu home".
Fillos de Rubén, primoxénito de Israel. Era o primoxénito, pero por manchar o leito de seu pai, o dereito de primoxenitura foilles dado ós fillos de Xosé, fillo de Israel, e non foi rexistrado como primoxénito.
Dos descendentes de Rubén, primoxénito de Israel, contados por familias e por casas patriarcais, rexistraron os nomes dos varóns de máis de vinte anos, todos os que podían ir á guerra:
—"Vaise facer un censo desde a idade de vinte anos para arriba, conforme o Señor ordenara a Moisés". Os fillos de Israel que saíran do país de Exipto foron: