Que te sirvan os pobos e te respecten as nacións. Se señor de teus irmáns e que te respecten os fillos de túa nai. Maldito o que te maldiga, bendito o que te bendiga".
Díxome así o Señor: "Como roxe o león, o cachorro do león, pola súa presa, cando acode contra el o grupo de pastores, que cos seus berros non o asustan nin co seu barullo o espantan, así baixará o Señor dos Exércitos para facer guerra sobre o monte Sión, sobre o seu outeiro.
Ven, axiña, por favor, maldí a este pobo, porque é máis poderoso ca min: quizais así poderei vencelo e expulsalo do país, pois sei que aquel a quen ti bendís é bendito, e maldito aquel a quen ti maldís".
Velaquí un pobo que se levanta coma unha leoa, e se ergue coma un león; non se deitará ata que dea devorado a presa e o sangue das súas vítimas dea bebido".
A ira de Balac acendeuse contra Balaam, bateu as mans, e díxolle a Balaam: —"Eu chameite para maldicires os meus inimigos, e xa vai por tres veces que os bendís!