Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 24:8 - Biblia SEPT

8 Deus, que o tirou do Exipto, é para el coma a forza do rinoceronte. Devora as nacións inimigas súas, creba os seus ósos, e traspásaos coas súas frechas.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 24:8
18 Iomraidhean Croise  

Poderás rexelos con cetro de ferro, rompelos, coma ola de barro".


Anque boten maldade sobre ti e urdan insidias, non han prevalecer,


A túa gloria está en loitar pola verdade e pola xustiza; os teus adornos son os escarmentos da túa dereita.


As túas setas son agudas: diante de ti caen os pobos e no medio deles os inimigos do rei.


Se de verdade o obedeces e fas o que eu che mande, eu serei inimigo dos teus inimigos, adversario dos teus adversarios.


pido auxilio ata a mañanciña. Igual ca un león, alguén esnaquiza os meus ósos, desde o día ata a noite abandonáchesme.


Ovella descarreirada era Israel, perseguírona leóns: o primeiro que a devorou foi o rei de Asur, e o derradeiro que lle rompeu os ósos foi Nabucodonosor, rei de Babilonia.


Eu estou suscitando e facendo subir contra Babilonia unha xuntanza de grandes pobos, desde a terra do norte aliñaranse contra ela, e desde alí conquistarana. As súas frechas son coma un guerreiro que deixa pais sen fillos, que non volve da guerra en vano.


Pero non vos rebeledes contra o Señor nin temades a xente do país, pois podemos devoralo coma pan; a súa protección apartouse deles, e o Señor está connosco. Non lles teñades medo!"


E murmuraba o pobo contra Deus e contra Moisés: —"Por que nos fixestes saír de Exipto para morrermos no deserto, pois falta o pan, non hai auga, e a nosa alma sente noxo dese alimento tan miserable?"


Deus, que o tirou do Exipto, é para el como a forza do rinoceronte.


Velaquí un pobo que se levanta coma unha leoa, e se ergue coma un león; non se deitará ata que dea devorado a presa e o sangue das súas vítimas dea bebido".


Alí permaneceu ata a morte de Herodes, cumpríndose así o que dixera o Señor por medio do profeta: Chamei o meu fillo para que saíse de Exipto.


Amorearei calamidades sobre eles, e acabarei coas miñas frechas contra eles:


Emborracharei as miñas frechas de sangue e a miña espada devorará carne: do sangue dos mortos e cativos, das cabezas peludas do meu inimigo.


Cando o Señor, o teu Deus, te introduza no país no que vas entrar para o tomares en posesión, e cando expulse da túa presenza pobos numerosos —os hititas, os guirgaxitas, os amorreos, os cananeos, os perizitas, os hivitas e os iebuseos, sete pobos máis numerosos e poderosos ca ti—


pois temos oído que o Señor secou o Mar Rubio diante de vós, cando saístes de Exipto; e tamén o que fixestes cos dous reis amorreos da outra banda do Xordán —con Sihón e con Og—, que os esnaquizastes.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan