Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 24:7 - Biblia SEPT

7 A auga corre das súas nubes, e a súa sementeira crecerá ben regada. Máis loado ca Agag será o seu rei, exaltado será o seu reino.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 24:7
29 Iomraidhean Croise  

David comprendeu que o Señor o confirmaba por rei de Israel e que por mor do seu pobo Israel engrandecía o reino.


Salomón tiña poder sobre todos os reinos que van desde o río Éufrates ata o país dos filisteos e as fronteiras de Exipto. Pagábanlle tributos e estivéronlle todos sometidos ó longo da súa vida.


Coñeceu David que Iavé afirmaba o seu dominio sobre Israel e que exaltaba o seu reino por amor a Israel, o seu pobo.


Houbo en Xerusalén reis poderosos que someteron todo o territorio da outra banda do río. Había que lles pagar tributos do imposto e peaxe.


Espallareinos, coma po diante do vento, varrereinos, coma lama das rúas.


Diante van os cantores, detrás os que tocan as arpas, no medio as doncelas, tocando pandeiros.


Postraranse ante el todos os reis da terra, servirano todas as nacións.


El dirame: —Ti es meu pai, meu Deus, rocha da miña salvación.


Vede: á fin dos días será creado o monte da Casa do Señor. Vede: será levantado por enriba dos montes e máis cós petoutos, xuntaranse nel todas as xentes.


Sobre todo monte alto e todo outeiro erguido haberá auga, correrá a regos, no día da grande matanza, cando caian as torres.


Escoitade isto, casa de Xacob, os que se chaman co nome de Israel e saíron do sangue de Xudá, os que fan o xuramento polo nome de Iavé e nomean o Deus de Israel, sen verdade e sen xustiza.


Unha palabra mandou o Señor contra Xacob, e caeu en Israel.


Ti, señora de riquezas, vives entre moitas augas, chegou a túa fin, a medida da túa existencia.


Logo viu a Amalec, e pronunciou o seu oráculo: —"É Amalec a primeira das cidades, mais o seu final parará en destrución".


Respondeulle Natanael: —Rabbí, ti es o Fillo de Deus, ti es o rei de Israel.


Logo tocou o sétimo anxo e oíronse uns fortes berros desde o ceo, que dicían: "O reinado do mundo pasou a ser do noso Deus e do seu Mesías! El reinará polos séculos dos séculos".


Logo veu falar comigo un dos sete anxos que tiñan as sete cuncas e díxome: "Ven acó, que che hei mostrar o xuízo de condenación da gran prostituta que está sentada onda as augas abundantes;


Logo díxome: "As augas sobre as que viches sentada a prostituta, son pobos e multitudes, nacións e linguas diferentes.


Ten escrito no seu manto e na súa coxa un nome: "Rei de reis e Señor de señores".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan