Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 23:9 - Biblia SEPT

9 En verdade, desde o cume dos penedos eu o vexo, e desde o curuto dos outeiros eu o contemplo: Velaí un pobo que habita só, e entre as nacións non se conta.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 23:9
15 Iomraidhean Croise  

tanto eles coma os fillos casaron coas súas fillas, e a raza santa mesturouse cos pobos pagáns. Os xefes e os notables foron os primeiros en lixar as mans con esa infamia de infidelidade".


pois como poderiamos saber, eu e mais este teu pobo, que contamos co teu favor, se non no feito de que veñas ti connosco? Entón avantaxariamos, eu e mais este teu pobo, a todos os pobos que hai sobre a terra".


Ti, meu servo, Xacob, non teñas medo —é o Señor quen fala—, mira: eu estou contigo; realizarei a destrución entre todos os pobos, a onde te dispersei, pero a ti non te destruirei, senón que te castigarei como é debido, pois non te puiden declarar inocente.


En marcha! Subide contra o pobo descoidado, que vive na tranquilidade —é o Señor quen fala—, sen dobre porta e sen ferrollo; viven sós.


Velaquí: dou orde de abalar de entre todos os pobos o casal de Israel como se abala a peneira, sen que caia ó chan unha pedriña.


Pastorea ó teu pobo co teu caxato, o rabaño da túa herdanza, que vive solitario na foresta, no medio dunha fértil camposa. Que pazan en Baxán e Galaad, coma nos días doutros tempos.


Por iso di o Señor: saíde do medio desa xente, afastádevos, non toquedes o que é impuro, e eu acollereivos.


Cando o Altísimo lles repartía a herdanza ós pobos, e cando separaba ós fillos de Adam: estableceu as fronteiras das nacións, segundo o número dos fillos de Israel.


Entón Israel habitará en seguridade. A Fonte de Xacob botará suficiente para un país de trigo e de mosto, tamén o seu ceo destilará a rosada.


El entregouse por nós, para nos redimir de toda iniquidade e purificar para si un pobo escolleito, afervoado, dedicado ás boas obras.


Pero, en cambio, vós sodes raza escollida, sacerdocio de reis, nación santa, pobo adquirido por Deus, para pregoardes as marabillas daquel que vos chamou das tebras á súa luz admirable.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan