Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 23:7 - Biblia SEPT

7 Entón pronunciou o seu oráculo: —"Desde Aram faime vir Balac, o rei de Moab desde as montañas do Oriente: Ven, díxome, maldí a Xacob! Ven, impreca a Israel!

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 23:7
31 Iomraidhean Croise  

Descendentes de Sem: Elam, Asur, Arfaxad, Lud e Aram.


Vaite a Padán-Aram, coa familia de Betuel, o teu avó paterno, e toma muller de entre as fillas de teu tío Labán.


e que Xacob obedecera a seu pai e súa nai, e fora a Padán-Aram.


Desafiou a Israel, pero matouno Ionatán, fillo de Ximá, irmán de David.


Despois del, Elazar, fillo de Dodó o ahohita, un dos tres heroes que estaban con David, cando desafiaron ós filisteos que se reuniran alí para o combate. Cando os de Israel se retiraban,


Abrirei o oído á sentencia, exporei o encuberto ó son da lira.


Vouche falar en parábolas, exporche vellas adiviñas.


Coma o pardal a bandada e andoriña a revoar: a maldición inxusta non vai para ningures.


Fillo de Adam propón un enigma, imaxina unha parábola para a casa de Israel,


O día aquel entoarase contra vós unha sátira, cantarase unha elexía xa está feita e dirase: Róubannos completamente, levarán o quiñón do meu pobo. Como se aparta de min! Como fai o invasor as partillas dos nosos campos!"


Logo non lle entoarán todos estes un proverbio, non entoarán sátiras e epigramas contra el? Dirán: —Ai do que xunta o que non é seu! —ata que día?— e do que carga sobre si fianzas!


Velaí que un pobo que saíu do Exipto cobre a superficie de toda a terra. Ven, axiña e maldío! Quizais así poida eu combater con el e expulsalo".


pois heite de honrar cos maiores honores e hei facer todo canto digas. Ven, pois, por favor: maldí a este pobo!"


Entón el pronunciou o seu oráculo: —"Levántate Balac, e escoita, óeme, fillo de Sipor!


Tornou, pois, a el, e encontrouno de pé onda o seu holocausto, con todos os príncipes de Moab.


—"Oráculo de Balaam, fillo de Beor, oráculo do varón de ollo penetrante,


Logo viu o quenita, e pronunciou o seu oráculo: —"Firme é a túa morada, e ter o teu niño dentro do penedo!


E continuou co seu oráculo: —"Ai, quen vivirá cando Deus faga isto!


Entón pronunciou o seu oráculo: —"Oráculo de Balaam, fillo de Beor, oráculo do varón de ollo penetrante,


Díxolles outra parábola: O Reino dos Ceos é semellante ó fermento que unha muller amasou en tres medidas de fariña ata que todo levedou.


De xeito que se cumprise o que dixera o profeta: Abrirei a miña boca para dicir parábolas, proclamarei cousas escondidas desde que o mundo é mundo.


Decatándose de que a parábola ía por eles, quixérono prender, pero por medo á xente, deixárono e fóronse.


O amonita e mais o moabita non entrarán na asemblea do Señor; aínda que sexa a décima xeración, non entrará na asemblea do Señor endexamais,


E dixo aínda o filisteo: —"Eu desafío hoxe ó exército de Israel. Mandádeme un home que pelexe comigo".


O teu servo ten matado tanto leóns coma osos. Ese filisteo incircunciso será coma outro deles, por desafiar as hostes do Deus vivo".


David respondeulle: —"Ti vés cara a min con espada, con lanza e con frechas, mentres eu vou cara a ti no nome do Señor dos exércitos, o Deus das hostes de Israel, a quen ti aldraxaches.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan