Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 23:5 - Biblia SEPT

5 O Señor puxo unha palabra na boca de Balaam, e dixo: —"Torna a Balac, e falaraslle así".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 23:5
14 Iomraidhean Croise  

Ti falaraslle a el e porás as miñas palabras na súa boca. Eu estarei na túa boca e na del e ensinareivos o que habedes facer.


Cousa do home é ordenar os pensamentos, mais a resposta da lingua vén do Señor.


A mente humana proponse un camiño, mais é o Señor quen afianza o paso.


Si, puxen as miñas palabras na túa boca, e cubrinte coa sombra da miña man; desde que plantei o ceo e fundamentei a terra, díxenlle a Sión: "O meu pobo es ti".


Olládeme aquí: esta é a miña Alianza convosco —fala o Señor—: o meu Espírito está sobre ti, e as miñas palabras, que roxen na túa boca, non desaparecerán da túa boca nin da boca da túa descendencia nin da boca da descendencia da túa descendencia, desde agora e para sempre —fala o Señor—.


Alongou o Señor a súa man e tocou con ela na miña boca; logo díxome: —Fíxate: poño a miña palabra na túa boca,


Veu Deus a Balaam de noite e díxolle: —"Se te viñeron chamar uns homes, érguete e vai con eles, pero has facer o que eu che mande".


O Anxo do Señor contestoulle a Balaam: —"Vaite con eses homes, pero soamente o que eu che indique, iso has falar". Balaam marchou, logo, cos príncipes de Balac.


O Señor veu ó encontro de Balaam, e póndolle a palabra na súa boca, díxolle: —"Torna a Balac, e falarás así!"


Deus saíu ó encontro de Balaam, quen lle dixo: —"Teño preparados os sete altares e ofrecín un touro e un carneiro sobre cada altar".


Tornou, pois, a el, e encontrouno de pé onda o seu holocausto, con todos os príncipes de Moab.


xa vos ensinará o Espírito Santo naquela mesma hora o que é preciso dicir.


Iso non o dixo pola súa conta, senón que, sendo Sumo Sacerdote aquel ano, profetizou que Xesús había de morrer pola nación;


Fareilles xurdir un profeta coma ti do medio de seus irmáns e porei as miñas palabras na súa boca e falaralles todo o que eu lle mande,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan