Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 23:4 - Biblia SEPT

4 Deus saíu ó encontro de Balaam, quen lle dixo: —"Teño preparados os sete altares e ofrecín un touro e un carneiro sobre cada altar".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 23:4
12 Iomraidhean Croise  

Veu Deus a Balaam de noite e díxolle: —"Se te viñeron chamar uns homes, érguete e vai con eles, pero has facer o que eu che mande".


Entón Deus veu onda Balaam e preguntoulle: —"Quen son eses homes que están contigo?"


Díxolle Balaam a Balac: —"Edifícame aquí sete altares e prepárame neste lugar sete touros e sete carneiros".


O Señor veu ó encontro de Balaam, e póndolle a palabra na súa boca, díxolle: —"Torna a Balac, e falarás así!"


Logo díxolle Balaam a Balac: —"Fica onda o teu holocausto, mentres eu me afasto; quizais saia o Señor ó meu encontro, e todo o que El me revele, eu comunicareicho". E marchou a un lugar afastado.


O Señor puxo unha palabra na boca de Balaam, e dixo: —"Torna a Balac, e falaraslle así".


Eses, os derradeiros, traballaron unha hora só e trátalos igual ca nós, que aturamos o peso e a caloraza do día.


Gardo o xaxún dúas veces por semana e pago o décimo de todo canto gaño".


Hanvos expulsar das sinagogas; e mesmo chega a hora en que todo aquel que vos mate, coide que está dando culto a Deus.


Onde está, logo, o orgullo? Quedou eliminado. Por que Lei? Pola das obras? Non; pola lei da fe.


e non vén das obras, para que ninguén se dea méritos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan