10 Quen puido contar a multitude de Xacob e quen enumerar a cuarta parte de Israel? Morra eu coa morte dos xustos e sexa o meu futuro semellante ó deles!".
Os teus descendentes serán tantos coma o po. Estenderanse cara ó occidente e cara ó oriente, cara ó norte e cara ó sur. En ti e nos teus descendentes veranse benditos os pobos todos da terra.
Amais dos soldados mortos mataron tamén ós reis de Madián: Evi, Requem, Sur, Hur e Reba, cinco reis madianitas. Ademais mataron á espada a Balaam, fillo de Beor.
Sabemos que, se a nosa morada terrestre que vén ser coma unha cabana, se derrubase, contamos cunha edificación de Deus, unha casa eterna no ceo, non feita por mans de homes.
E oín unha voz do ceo que me dicía: "Escribe: Benia os mortos que, de agora en diante, morran no Señor. Si di o Espírito, que descansen das súas fatigas, porque as súas obras van con eles".