Pero se dicides: confiamos no Señor, noso Deus, non eran seus os outeiros e os altares que derrubou Ezequías, mandándolle a Xudá e a Xerusalén que adorasen soamente diante do altar de Xerusalén?
Levaron sete touros, sete carneiros, sete años e sete machos cabrúns coma sacrificio expiatorio pola monarquía, polo santuario e por Xudá. Logo ordenou ós sacerdotes aharonitas que os ofrecesen sobre o altar do Señor.
Collede logo sete vacas e sete carneiros e ide onda o meu servo Xob, para que os ofreza por vós en holocausto; e que o meu servo Xob pregue por vós, para que eu vos sexa propicio e non faga convosco un escarmento, porque non falastes de min o que era debido coma fixo o meu servo Xob.
Faime un altar de terra e ofréceme sobre el os holocaustos e os sacrificios de comuñón, as túas ovellas e as túas vacas. En calquera sitio onde eu faga o meu nome memorable, virei onda ti e bendicireite.
Veñen onda ti coma ás xuntanzas do pobo. Así os do meu pobo sentan na túa presenza; escoitan as túas palabras, pero cumprir, non as cumpren; coas súas bocas están facendo promesas de amor, pero os seus corazóns van tralas inxustas ganancias.
Durante os sete días de festa, ofreceralle ó Señor, cada día, un holocausto de sete becerros e sete carneiros, sen defecto. Durante os sete días tamén ofrecerá, cada día, un sacrificio de expiación polo pecado, un chibo,
Samuel dixo entón: —"Quere o Señor holocaustos e sacrificios ou prefire que o obedezan? Certamente a obediencia vale máis cós sacrificios, a docilidade, máis có lardo dos carneiros.