7 Foron os anciáns de Moab e os anciáns de Madián levando nas súas mans os cartos da adiviñación, e cando chegaron a Balaam expuxéronlle as palabras de Balac.
Os teus xefes volvéronse rebeldes. Os teus compañeiros, un fato de ladróns. Pola calada aman o suborno, mira como corren tralos regalos; ó orfo non lle fan xustiza, e o preito da viúva non chega onda eles.
Velaí os cans de poderosa gorxa, que non se saben fartar. Velaí os pastores que non saben distinguir: Todos eles van polo seu vieiro, cada un tras da súa ganancia sen límite.
Profanádesme a min diante do meu pobo por un puñado de cebada, por un bocado de pan, sentenciando á morte a vida que non debía morrer, e mantendo viva a vida que non tiña dereito a vivir, embelecando o meu pobo que escoita os vosos embustes.
Os seus xefes emiten veredictos conforme ós regalos, os seus sacerdotes dan a lei por un prezo, e os seus profetas adiviñan por diñeiro, e ademais apóianse no Señor, dicindo: Non está o Señor no medio de nós? Ningunha desgraza nos acontecerá.
Viu Balaam que lle agradaba ó Señor que bendicise a Israel, e non foi, como as outras veces, buscar agoiros, senón que volveu o seu rostro para o deserto.