O sumo sacerdote Azarías, da familia de Sadoc, díxolles: —"Desde que comezaron a traer ofrendas ó templo, comemos a fartar, pero sobrou moito, porque o Señor bendiciu ó seu pobo. Toda esta cantidade é o que sobrou".
Será recoñecida entre os pobos a descendencia deles e os seus xermolos no medio das nacións. Todos os que os vexan recoñeceranos, pois eles son a descendencia que o Señor bendiciu.
Meu pobo, lémbrate do que maquinaba Balac, rei de Moab, e do que desde Xitim ata Guilgal lle respondeu Balaam, fillo de Beor, para que recoñezas a fidelidade do Señor".
Ven, axiña, por favor, maldí a este pobo, porque é máis poderoso ca min: quizais así poderei vencelo e expulsalo do país, pois sei que aquel a quen ti bendís é bendito, e maldito aquel a quen ti maldís".
Logo díxolle Balaam a Balac: —"Fica onda o teu holocausto, mentres eu me afasto; quizais saia o Señor ó meu encontro, e todo o que El me revele, eu comunicareicho". E marchou a un lugar afastado.
pois velaí que o Señor, o teu Deus, te bendiciu en todas as túas empresas, tivo coidado de ti ao camiñares por este enorme deserto. Durante estes corenta anos, estivo contigo o Señor, o teu Deus, e nada che faltou.
polo feito de que non vos saíron ao encontro con pan e auga ao voso camiño, cando saístes de Exipto, e polo feito de que alugaron contra vós a Balaam, fillo de Beor, natural de Petor en Mesopotamia, para maldicirte.
Feliz ti, Israel, quen coma ti?, pobo salvado polo Señor, escudo da túa axuda, espada da túa grandeza, os teus inimigos quixeron dominarte, pero ti triparás as súas costas".