Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 21:5 - Biblia SEPT

5 E murmuraba o pobo contra Deus e contra Moisés: —"Por que nos fixestes saír de Exipto para morrermos no deserto, pois falta o pan, non hai auga, e a nosa alma sente noxo dese alimento tan miserable?"

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 21:5
19 Iomraidhean Croise  

Os orfos teñen un pai, as viúvas un vingador: Deus na súa morada santa.


Falaban así contra Deus: —"Poderá Deus pór unha mesa no deserto?


Dixéronlle a Moisés: —"Seica non había sepulturas en Exipto, para que nos fixeses vir morrer no deserto? Que ben nos fixeches con sacáresnos de Exipto?


O pobo murmuraba contra Moisés e preguntaba: —"Que imos beber?"


Os israelitas, ó que o viron, preguntábanse uns ós outros: —"Que é isto?" Pois non sabían o que era aquilo.


Os israelitas chamáronlle maná a aquel pan. Era branco, coma semente de coriandro, e sabía a pan con mel.


Andorga farta patea no mel, para a gorxa famenta é doce o amargo.


Pero os fillos rebeláronse contra min: non seguiron os meus preceptos, nin gardaron as miñas leis, nin as cumpriron, pois o home que as cumpre ten a vida por elas, e profanaron os meus sábados. Entón véuseme ó pensamento verter contra eles o meu noxo, e esgotar a miña ira contra eles no deserto.


senón un mes enteiro, ata que vos saia polo nariz e vos resulte noxenta, por canto rexeitades o Señor, que está no medio de vós, e chorastes na súa presenza, dicindo: Por que saímos nós do Exipto?".


Aharón colleu o incensario, conforme lle indicara Moisés, e foi correndo ó medio do pobo, pois xa comezara o castigo entre o pobo; puxo incenso e fixo a expiación polo pobo.


Nin tentemos o Señor, coma algúns deles o tentaron e pereceron mordidos polas serpentes.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan