Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 20:8 - Biblia SEPT

8 —"Colle a vara, e fai xuntar á comunidade, ti e Aharón, teu irmán; na presenza deles ordenarédeslle ó penedo que dea auga; farás manar para eles auga do penedo e daraslle de beber á comunidade e ó seu gando!"

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 20:8
31 Iomraidhean Croise  

Hai cousa que non poida o Señor? De hoxe nun ano, cando eu volva, Sara terá un fillo".


Para matar a súa fame, décheslles pan do ceo e fixeches deitar auga do penedo para a súa sede. Mandáchelos vir tomar posesión do país que lles tiñas xurado dar, coa man en alto.


Fendeu unha pena e saíu auga, que corría polo deserto coma un río.


o que converte o penedo en estanque, a rocha en fonte de augas.


pois falou El, e existiron, mandouno El, e xurdiron.


Ti ergue a vara, alonga a man sobre o mar e párteo en dous, de xeito que os israelitas pasen polo medio a pé enxoito.


Moisés díxolle a Xosué: —"Escolle uns poucos homes e sae a loitar con Amalec. De mañá eu estarei no cume do outeiro, coa vara de Deus na man".


Leva na man esa vara, coa que farás os sinais".


O Señor preguntoulle: —"Que é iso que tes na man?" El respondeu: —"Unha vara".


Moisés colleu a súa muller e os seus fillos, montounos nun asno e volveu para Exipto. Na man levaba Moisés a vara de Deus.


Moisés e Aharón fixeron o que o Señor lles mandara. Aharón ergueu a vara, bateu nas augas do río, á vista do faraón e dos seus servidores, e as augas do río trocáronse en sangue.


Os animais do campo honraranme, os chacais e os poliños da avestruz, porque porei augas no deserto, ríos no ermo, para darlle de beber ó meu pobo, ó meu escollido,


e os que marchen polos sequeiros non terán sede: fará brotar para eles augas do penedo, fenderá un penedo e correrán augas.


E Moisés levantou a man e bateu no penedo coa súa vara por dúas veces: e saíu auga abundante, e a comunidade bebeu, e o seu gando tamén.


e o Señor díxolle a Moisés:


e o declive dos regatos que se inclina cara á veiga do Ar, e repousa na fronteira de Moab".


Pozo que os príncipes cavaron, que furaron os nobres do pobo co cetro, cos seus caxatos". E do deserto foron a Matanah;


Xesús respondeu: Eu asegúrovos que se tendes fe, e non dubidades, non faredes soamente o da figueira, senón que se lle dixerdes a este monte: "arríncate de aí, e bótate no mar", mesmo iso se faría.


Pois se vós, sendo ruíns, ben lles sabedes dar cousa boas ós vosos fillos, canto máis o Pai celestial dará o Espírito Santo ós que llo pidan!


Ata agora non pedistes nada no meu nome. Pedide e recibiredes, de xeito que a vosa alegría sexa plena.


E todos eles dedicábanse conxuntamente á oración, con algunhas mulleres e mais María a nai de Xesús e cos seus irmáns.


Bruou o pobo, e sopraron nas trompetas; e, cando oíu a xente o soar da trompeta, deu o pobo un grande berro e derrubáronse os muros; subiu a eito o pobo á vila, e ocupárona.


E, cando soe o corno de carneiro, en escoitando vós o son da trompeta, bruará todo o pobo con grande berro. Entón virase abaixo o muro da vila, e subirá a eito todo o pobo".


Daquela mostroume un río de auga vivificadora, clara coma un cristal, que saía do trono de Deus e do Año.


O Espírito e a esposa din: "Ven". Quen escoita, que diga: "Ven". Quen teña sede, que veña; o que queira, que colla de balde auga da vida.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan