5 Por que nos fixestes saír de Exipto, para nos traer a este lugar maldito, que non se pode sementar e que nin ten figueiras, nin viñas, nin granadas, e amais diso non ten auga para beber?"
Vai e berra nos oídos de Xerusalén: Así me ten dito o Señor: quero recordarche o agarimo da túa xuventude, o amor do teu namoro, o teu camiñar tras de min polo deserto, por terras sen sementeira.
En vez de preguntar: onde está o Señor que nos sacou de Exipto e nos deu forzas para camiñar polo deserto, por terras ermas e fragas, por terras requeimadas e sombras de morte, por sitios que ninguén pasa e onde o home non habita?
Abofé, non nos trouxeches a un país que deita leite e mel, nin nos deches en herdanza campos e viñas! Pensas arrincar os ollos desta xente? Non iremos!"
"É preciso que Aharón se xunte cos do seu pobo, pois non debe entrar na terra que eu lles dei ós fillos de Israel, porque fostes rebeldes ás miñas ordes nas augas de Meribah.
porque ámbolos dous no deserto de Sin, na rebelión da comunidade, fostes rebeldes á miña orde de declararme santo ós seus ollos mediante a auga, a auga de Meribah, no deserto de Sin".
foi quen te fixo camiñar polo deserto grande e terrible, por culpa das serpentes de mordedura queimante, dos escorpións e da sequidade (pois non había auga); foi El quen fixo saír para ti auga da pedra de granito;