—"Oín as murmuracións dos israelitas. Dilles isto: O anoitecer teredes carne que comer e pola mañá pan a fartar. E saberedes que eu son o Señor, o voso Deus".
Todos os fillos de Israel murmuraron contra Moisés e Aharón, e toda a xente dicía: —"Oxalá morrésemos no país do Exipto! Oxalá morrésemos neste deserto!
Pero non vos rebeledes contra o Señor nin temades a xente do país, pois podemos devoralo coma pan; a súa protección apartouse deles, e o Señor está connosco. Non lles teñades medo!"
Subleváronse contra Moisés e contra Aharón, e dixéronlles: —"Xa é abondo! Toda a comunidade é santa, todos eles o son, e no medio deles está o Señor. Por que vos elevades vós sobre a comunidade do Señor?"
E murmuraba o pobo contra Deus e contra Moisés: —"Por que nos fixestes saír de Exipto para morrermos no deserto, pois falta o pan, non hai auga, e a nosa alma sente noxo dese alimento tan miserable?"