Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 20:16 - Biblia SEPT

16 pero nós queixámonos ó Señor. El escoitou o noso lamento, e enviou o seu anxo, que nos sacou de Exipto. Velaquí que xa chegamos a Cadex, cidade que está nos teus últimos límites.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 20:16
14 Iomraidhean Croise  

Cando o faraón se aproximaba, ergueron os israelitas a súa vista e viron ós exipcios que corrían tras deles. E, cheos de medo, clamaron cara ó Señor.


O anxo de Deus, que ía diante das hostes de Israel, cambiouse e púxose detrás. Tamén se moveu de diante para detrás a columna de nube.


Eu vou mandar o meu anxo diante túa, para que te garde na viaxe e te leve ó lugar que che teño disposto.


Eu mandarei diante o meu anxo, desbotarei da terra ós cananeos, ós amorreos, ós hititas, ós perizitas, ós hivitas e ós iebuseos,


Estou escoitando as queixas dos israelitas que os exipcios asoballan; teño en conta o meu pacto.


como os nosos pais tiveron que baixar a Exipto, onde habitamos por moito tempo. Os exipcios maltratáronnos a nós e ós nosos devanceiros;


—"Déixame pasar polo teu país! Nós non nos desviaremos nin polos labradíos nin polas viñas, nin beberemos auga de ningún pozo; iremos pola estrada real, ata pasarmos os teus límites".


Partiron de Cadex e acamparon no monte Hor, na fronteira do país de Edom.


Ou intentou algún deus vir coller para si unha nación do medio doutros pobos, con castigos, con sinais e prodixios, con guerra, con man forte e brazo estendido, con terrores grandes, de maneira semellante a todo o que o Señor, o voso Deus, fixo no voso favor en Exipto ós teus propios ollos?


e seguiches vivo diante del. Amou a teus pais e escolleu a súa descendencia despois deles, e por isto fíxote saír de Exipto na súa presenza coa súa gran forza,


E tocoulle a partilla á tribo dos fillos de Xudá, segundo as súas familias, no lindeiro de Edom, ó sur do deserto de Sin, no extremo meridional.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan